Nova edición: Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Negueira de Muñiz

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo:

GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN NEGUEIRA DE MUÑIZ
 

Datas: do 7 ao 11 de marzo

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: na Escola de Ernes, Ernes

Destinatarios:  persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Programa:

1º sesión: Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común - 7 de marzo
2º sesión: Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes - 8 de marzo
3º sesión: Fiscalidade das comunidades de montes - 9 de marzo
4º sesión: Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común - 10 de marzo
5º sesión: Instrumentos de ordenación ou xestión forestal - 11 de marzo

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través deste formulario

- Para máis información: agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Se queres visulizalo programa completo preme aquí.
 

 

Luns, 7 March, 2022 - 16:00 to Venres, 11 March, 2022 - 19:00

Compartir