Nova edición: Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Castro Caldelas

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo:

GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN CASTRO CALDELAS
 

Datas: do 29 de novembro ao 3 de decembro

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: no salón de actos do Castelo, Castro Caldelas (Ourense)

Destinatarios:  persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Programa:

  • Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
  • Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
  • Fiscalidade das comunidades de montes
  • Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
  • Instrumentos de ordenación ou xestión forestal

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través do agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Se queres visulizalo programa completo preme aquí.

 

Luns, 29 November, 2021 - 16:00 to Venres, 3 December, 2021 - 19:00

Compartir