Networking Interxeracional: novas cooperativas e cooperativas veteranas

Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza o seguinte almorzo cooperativo virtual:

Networking Interxeracional: novas cooperativas e cooperativas veteranas
 

Data: 9 de xuño

Horario: de 9:30 a 11:30 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma virtual

Destinatarios: Cooperativas, persoas socias e responsables; grupos de emprendemento cooperativo; empresas en proceso de transformación á cooperativa e persoal técnico e político de entidades relacionadas co fomento do cooperativismo.

Obxectivos:

  • Acceder a información mutua achegada a través dun encontro informativo e de intercambio para divulgar experiencias, xeitos de traballo e información sobre actividades que desenvolven as cooperativas veteranas con traxectoria e as novas cooperativas.
  • Buscar a aprendizaxe mutua, as posibilidades de colaboración e as alianzas.
  • Dar a coñecer as actividades, produtos e servizos das cooperativas, fomentando as redes de colaboración e coñecemento mutuo.
  • Informar sobre programas en marcha e fitos das participantes.
  • Estimular o debate e a participación sobre necesidades e problemáticas comúns.

Programa:

9:30 h  - Benvida das persoas e entidades
9:45 h - Dinámica de presentación mutua: Quen somos? Que facemos? Que precisamos?
10:45 h - Claves a ter en conta para a presentación das axudas.
11:25 h - Coloquio aberto por grupos de interese
11.30 h - Peche da Xornada.

Inscricións: a través de www.espazo.coop / tino@espazo.coop / 881 887 456

 

Mércores, 9 June, 2021 - 09:30 to 11:30

Compartir