Negociación comercial
A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:
NEGOCIACIÓN COMERCIAL
Datas: do 9 ao 12 de marzo
Horario: de tarde
Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo
Destinatarios: Cooperativa, sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula de cooperativa e economía social.
Obxectivos: aportar coñecementos e craves para a creación dunha estratexia comercial acorde á extratexia empresarial da túa entidade. Ademais de permitir dispoñer de forma eficaz das ferramentas necesarias para o seu soporte.
Trátase de capacitar a través de situacións reais, ferramentas e técnicas aos xestores, emprendedores e empresarios de economía social para afrontar negociacións especializadas no ámbito comercial.
Contidos:
- Introdución: o proceso da negociación comercial
- Estilos de negociación
- As tres forzas principais na negociación
- Cómo negociar con terceiros
- Técnicas de negociación:
- Estratexias de negociación
- Tácticas de negociación
- Cuestións prácticas
- Tipos e características dun bo negociador
- A argumentaciñon e as obxecións.
- A comunicación verbal e non verbal
- Exemplos prácticos
Inscricións: a través do seguinte formulario.
Para máis información: 982 284 150
Para visualizar o cartel preme aquí.