Murais que colorean Galicia, obra de Cestola na Cachola

Cestola na Cachola é un proxecto colectivo formado por tres persoas que están convertendo Galicia nun dos puntos de muralismo da nosa xeografía. Unha das súas marcas, que ten que ver co seu nome (Cestola na Cachola) son os debuxos de mulleres cargando cousas dentro das canastras. A cesta na cabeza é unha metáfora sobre o consumo consciente: poñer a cesta na cabeza antes de comprar algo, ou o que é o mesmo, antes de comprar, pensa.
Así foi como uniron as vertentes do arte e a economía social, e comezaron tamén co tema da moda ética.

Os seus murais os encontramos nos seus traballos en Carballo co Rexenera Fest, en Monforte de Lemos ou no festival pioneiro de muralismo, Desordes Creativas en Ordes na Coruña, entre outros. Sen embargo, non só pintan nas cidades, senón tamén crean moitos traballos en zonas rurais, como ocorre cos seus murais na Ribeira Sacra, buscando que a xente se sinta identificada co que fan e intentan conectar co lugar para crear algo que se adecúe ao sitio no que están.

Cestola na Cachola deixa pegada en varias zonas da comunidade galega. As súas pinturas non só enchen de cor cidades e pobos, senón axudan a entender un pouco máis os lugares onde pintan.

Para máis información: https://www.traveler.es/experiencias/articulos/cestola-na-cachola-murales-en-las-calles-de-galicia/16835

Se queres coñecer os seus traballos podes acceder a súa web: http://www.cestolanacachola.org/web/gl/

 

Xoves, 26 December, 2019 - 10:00

Compartir