Muller e agrocooperativo en Galicia | Xornada

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza a xornada “Muller e agrocooperativo en Galicia” no marco do proxecto SAVES e co apoio da Rede Eusumo.

Levarase a cabo o venres 24 de marzo de 2023 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) en horario de 11:00 h a 14:00 h.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a evolución dos datos da presenza de mulleres socias nas cooperativas agroalimentarias galegas.

Durante a xornada desenvolverase o seguinte programa:

11:00 h - 11:10 h | Recepción de participantes

11.10 h - 11.50 h | Presenza da muller no cooperativismo agrario galego

María José Cabaleiro, coordinadora do proxecto SAVES-AGACA na Universidade de Vigo.

11.50 h - 12.30 h | Movementos femininos no agrocooperativismo

Carmen Rodríguez, Presidenta de Mujeres de por sí y de CLUN.
Loli Calvo, Presidenta de la asociación Nós, As Mulleres.
Higinio Mougán, gerente de AGACA.

12.30 h - 13.45 h | Obradoiro: Muller e agrocooperativismo

14.00 h | Ágape e visita ao Museo do Pobo Galego

Se queres participar, inscríbete antes do 20 de marzo de 2023 a través deste formulario.

Consulta o cartel completo.

Para máis información, consulta esta ligazón.

 

Venres, 24 March, 2023 - 11:00 to 14:00

Compartir