Mostra: Préndete da economía social

Dentro do programa de formación e asesoramento da USC "SÚMATE Á CULTURA EMPRENDEDORA EN ECONOMÍA SOCIAL!" se encadra a a seguinte MOSTRA:

PRÉNDETE DA ECONOMÍA SOCIAL

Data: 27 de outubro 

Horario: de 11:30 a 19:00 horas

Modalidade: en liña

Obxectivo: xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con persoas emprendedoras e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres e dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.

Actividades:

- Participación de empresas de economía social.
- Charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes.
- Showrooms e catas sectoriais en economía social.

Programa:

11:00 h – Benvida e recepción de asistentes.
11:10 h – Xestión de datos masivos: Introdución a toma de decisións empresariais baseadas en datos.
12:00 h – Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.
13:00 h – Comercio electrónico no comercio de proximidade.
14:00 h – Descanso 
16:00 h – 
Valorización de recursos naturais: “O valor dos nosos montes”.
17:00 h – Demolabs tecnolóxicos: “Coñecendo as tecnoloxías do noso eido empresarial” coa participación de: KENDRA REALIDADE AUMENTADA / MYCOKEY GALICIA / SMARTWOOD / A3PROYECTOS
17:30 h – Mostra do panel de empresas en “usceconomiasocial.gal” e showrooms virtuais coa participación de: Sanxerome / Boasemente / Azul Cielo / Nael Swimwear / Milhulloa
18:00 h – Oportunidades no tercer sector (acción social).
19:00  h – Peche da mostra.

Inscrición: a través desta ligazón.

Para máis información: usceconomiasocial.gal ou info@usceconomiasocial.gal

 

Mércores, 27 October, 2021 - 11:30 to 19:00

Compartir