Mostra do Posible - NOVAS DATAS: 17 e 18 de outubro

Encontro de entidades de economía solidaria e de movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.
Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.
Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas, defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.
Esta edición terá lugar en Cangas o 17 e 18 de outubro de 2020. Se formas parte dun movemento social ou dunha cooperativa da economía solidaria e queres participar na MOSTRA DO POSIBLE 2020 xa podes inscribirte cubrindo o seguinte formulario.
Non dubides en facernos chegar calquera suxestión, será benvida: info@mostradoposible.gal