Mostra do posible 2021

Encontro de entidades de economía solidaria e de movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas,  defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

Mostra do Posible pretende amosar que existen alternativas ecolóxicas, democráticas e xustas para tódolos ámbitos da nosa vida. Si cambiamos o noso modelo de consumo podemos mudar a sociedade.

Esta quinta edición terá lugar na Alameda Nova de Cangas do Morrazo o sábado 25 e o domingo 26 de setembro. 

Unhas 50 entidades daranse cita na vila morracense no último fin de semana deste mes de setembro. Os postos informativos extenderanse por toda a Alameda Nova pero tamén poderemos atopar concertos, actividades para os máis pequenos, obradoiros, presentacións de libros ou charlas.

Podes descargar o díptico coas actividades premendo aquí.

 

Sábado, 25 September, 2021 - 09:00 to Domingo, 26 September, 2021 - 09:00

Compartir