LOADING

MES DO COOPERATIVISMO

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2019

Xa se coñece a data na cal se celebrará o Día do Cooperativismo Galego!

Este ano o día do cooperativismo celebrarase o sábado 6 de xullo ás 12:00 horas en Xinzo de Limia, no local Xpazo e da man de Limia Xestión, S.Coop.Galega.

Poderás acceder a máis información e mesmo inscribirte a través da seguinte ligazón: www.cooperativismogalego.com/programa
 

NOVA EDICIÓN COOPERATIVISMO DE PORTAS ABERTAS

Este ano, o cooperativismo volve estar de portas abertas o próximo 5 de xullo.
Convidámosvos a todas as cooperativas galegas a que, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, vos sumedes a esta campaña que busca dar visibilidade ao voso traballo e a este modelo de economía social. Trátase dun xesto simbólico que quere reforzar e dar a coñecer o forte tecido do que está formado o cooperativismo galego. Cantas máis sexamos, máis visibilidade conseguiremos! Por iso é tan importante a vosa adhesión, para que a listaxe sexa ben longa e poidamos dar así unha mostra real do volume de cooperativas que hai en Galicia.

Queredes participar e non sabes como?
É moi sinxelo. Debedes enviar un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indicándo o nome da vosa cooperativa.
Unha vez feito isto, pasaredes a formar parte da rede de cooperativas que se suman a esta campaña de promoción do cooperativismo e recibiredes unhas imaxes para que poidades comunicar a través das vosas redes sociais que o día 5 de xullo o cooperativismo e vós, estades de portas abertas. Logo só tedes que acoller a quen queira coñecer o voso traballo! 

Tedes algunha dúbida ou precisades algo máis de información?
Podedes facer as vosas preguntas na mesma dirección de correo electrónico (diadocooperativismo@xunta.gal) ou ben chamar ao teléfono 619 920 335.
 

NOVA EDICIÓN COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO

Durante este mes de xuño terá lugar unha nova edición da campaña "Cooperativismo en movemento", cun percorrido de actividades por 5 cidades e vilas de Galicia.

O espectáculo teatral que ten preparado "A illa sen tesouro"  esta destinado a todo tipo de público. Ademais da diversión en familia, a actuación promoverá os valores do traballo cooperativo.

As paradas son as seguintes:

  • Domingo 16 ás 18.30 h - Ferrol (Praza de Amboaxe). Se queres visualizar o cartel preme aquí.
  • Sábado 22 ás 20.30 h - Vilagarcía de Arousa (Praza de Galicia). Se queres visualizar o cartel preme aquí.
  • Xoves 28 ás 12.30 h - Celanova (Praza Maior). Se queres visualizar o cartel preme aquí.
  • Sábado 29 ás 12.00 h - Sarria (Praza da Vila). Se queres visualizar o cartel preme aquí.
  • Domingo 30 ás 12.00 h - Mondoñedo (Praza do Concello). Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela