Meetings formativos oportunidades de negocio - Cultivo do kiwi en Galicia

Agacca a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

METINGS FORMATIVOS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO - O CULTIVO DO KIWI EN GALICIA

Data: 25 de maio

Horario: de 10:00 a 14:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual.

Obxectivos:

  • Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos colaborativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.

Programa formativo:

10:00 h - Presentación dos obxectivos do obradoiro

10:30 h - Habilidades emprendedoras no cooperativismo e proceso de acompañamento aos emprendedores

11:15 h - Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: o cultivo do kiwi en Galicia

12:00 h - Experiencias produtivas, comentarios e aclaracións a cargo dun experto na oportunidade de negocio do cultivo do kiwi

12:45 h - Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese de cara ao desenvolvemento da oportunidade de negocio presentada

13:30 h - Preguntas, suxestións e aclaracións.

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Máis información: www.agaca.coopagaca@agaca.coop / 981 584 783

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Martes, 25 Maio, 2021 - 10:00 to 14:00

Compartir