Medrando Xuntas 2018

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha a segunda edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. 

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

 

PROGRAMA PARA DIRECTIVAS: Prazo de inscrición pechado.

Mulleres profesionais que ocupen na actualidade un cargo de responsabilidade en entidades de economía social (equiparable a niveis directivos e predirectivos ou mandos intermedios), así como aquelas que exerzan a representación nalgún órgano de goberno destas entidades.

Datas: De setembro a decembro de 2018. En concreto os días:

- 7, 8, 21 e 22 de setembro.

- 5, 6, 19 e 20 de outubro.

- 2, 3, 16, 17 e 30 de novembro.

- 1 de decembro.

Horario: Venres de 16.00h-20.00h e sábados de 09.30h-13.30h. (A sesión do sábado 1 de decembro será en horario de 09.30-12.30h).

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa de Madrid, 2, 15707 (Santiago de Compostela).

Duración: 80 horas, das cales 65 son presenciais e 15 son a distancia.

Para máis información: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal e 605545606 / 676531453.

 

PROGRAMA PARA SOCIAS E TRABALLADORAS: A partir do día 17 de setembro reabrirase o prazo de inscricións para esta actividade ata completar todas as prazas dispoñibles.

Mulleres socias e traballadoras de entidades de economía social en Galicia.

Datas: De outubro a novembro de 2018. Programa formativo presencial. En concreto os días:

- 18 e 25 de outubro.

- 8 e 15 de novembro.

Horario: Xoves de 16.00 a 21.00h.

Lugar: Fundación CEL. Iniciativas por Lugo. Viveiro de empresas. Pazo de Ferias e Congresos de Lugo. El Palomar, s/n, (Lugo).

Duración: 20 horas presenciais.

Para máis información: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal e 605545606 / 676531453.

 

Descarga os folletos do programa:

Folleto programa para directivas

Folleto programa para socias e traballadoras

 

Venres, 7 September, 2018 - 16:00 to Sábado, 1 December, 2018 - 16:00

Compartir