Medrando Xuntas 2018

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha a segunda edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. 

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

Ademais, como novidade incorporarase un foro participativo coas alumnas de ambas as dúas promocións, un espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no mundo da economía social e as ferramentas e estratexias para aproveitalas, que terá lugar no último trimestre do ano.

As inscricións pódense realizar a través dun dos seguintes formularios web:

O prazo para inscribirse remata o 15 de xullo de 2018.

 

-- Descarga aquí os folletos do programa:

Folleto para socias e traballadoras

Folleto para directivas

Venres, 8 June, 2018 - 10:15

Compartir