Máis de 35 axentes intermedios reúnense en Santiago no segundo encontro da iniciativa "Informa, apoia e asesora en economía social"

Hoxe, 7 de febreiro, tivo lugar en Santiago de Compostela o segundo dos encontros con axentes intermedios que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Rede Eusumo e dentro da iniciativa de fomento da economía social "Informa, apoia e asesora en economía social".
Nos próximos días terán lugar máis xornadas en diferentes puntos da xeografía galega, en concreto:

LOCALIZACIÓN DATA
O Barco de Valdeorras  11 de febreiro
Vigo 13 de febreiro
Ourense 14 de febreiro
Vilagarcía de Arousa  19 de febreiro
A Coruña  20 de febreiro

Os encontros están destinados a técnicos de emprego, orientadores laborais, técnicos de IGAPE, técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural ou dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, para que coñezan os recursos existentes en materia de economía social da mán da Secretaría Xeral de Emprego, podendo, deste xeito, achegar os modelos empresariais de economía social a toda a s persoas ás que asesoran e orientan.

Se queres inscribirte, debes cubrir o seguinte formulario.

Para descargar o programa completo das xornadas preme aquí.

 

Venres, 7 February, 2020 - 19:15

Compartir