Lorenzana avanza a aposta da Xunta polo emprego inclusivo con 44,5M€ en 2023 a través do Plan Emprega Discapacidade para beneficiar a 6.000 persoas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou o pasado 8 de novembro que se reservan 44,5 millóns de euros dos orzamentos de 2023 para o Plan Emprega Discapacidade, co que a Xunta busca formar e mellorar as oportunidades laborais de preto de 6.000 persoas.

Lorenzana detallou, durante a visita que realizou ao Centro Especial de Emprego I-Lab, do Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (Grumico), que Emprega Discapacidade inclúe ata sete programas con axudas para apoiar a creación e mantemento de emprego nas empresas de inserción e nos centros especiais de emprego; e apoios para a formación dual das persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental, entre outros. 

A titular de Promoción do Emprego e Igualdade puxo en valor o labor que se desenvolve en I-Lab a favor da inclusión laboral das persoas con diversidade funcional a través do deseño, a elaboración e a venda de diferentes pezas de artesanía galega, xoias e xoiería baixo a marca de Artesanía de Galicia.

 

Fonte: Xunta de Galicia

 

Martes, 15 November, 2022 - 09:00

Compartir