Lean Management para cooperativas e economía social

A Asociación Boirense de Empresarios organiza a través da Rede Eusumo a seguinte formación:
LEAN MANAGEMENT PARA COOPERATIVAS E ECONOMÍA SOCIAL
Data: 10 de outubro
Horario: de 9:00 - 14:00 h e 16:00 - 21:00 h
Lugar: aula 1, Asociación Boirense de Empresarios
Duración: 10 horas
Destinatarios: técnicos, directivos e demais persoal das entidades de economía social, ademais de empresarios, emprendedores e desempregados interesados na creación de entidades de economía social.
Programa formativo:
- Orixes do Lean; Que é Lean? As bases do pensamento Lean.
- Por que debemos aplicar Lean na nosa empresa? Os beneficios de adoptar un enfoque Lean.
- Por onde empezar? Claves para entender a demanda, o valor para o cliente e definir o fluxo de valor.
- Os conceptos de Muda/Mura/Muri.
- Como xestionar o Value Stream?
Inscricións: a través de info@abe.gal ou no 981847888
Se queres consultar o cartel preme aquí.