LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA. AVANZADO

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA. AVANZADO
 

Datas: do 3 ao 31 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 4, 17 e 26 de marzo de 11:00 a 12:30 h 

Duración: 40 horas

Destinatarios: Persoas desempregadas, persoas activas que buscan outra forma de traballar, alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais e tamén persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa.

Obxectivos: 

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía, en especial ás persoas desempregadas.
- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Valorar as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Módulos formativo:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2: Características das empresas cooperativas
Módulo 3: Organización cooperativa
Módulo 4:  Experiencias cooperativas

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / patane@espazo.coop / 881 887 456

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Mércores, 3 March, 2021 - 11:00 to Mércores, 31 March, 2021 - 12:30

Compartir