LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA (AVANZADO)

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA (AVANZADO)
 

Datas: do 20 de abril ao 19 de maio de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 20 de abril e 19 de maio de 11:00 a 12:30 h e o 3 de maio de 16:30 a 18:00 h.

Duración: 40 horas

Destinatarios: Persoas que queren coñecer a oportunidade que o cooperativismo lles brinda como forma de acceder ao mercado de traballo a través do autemprego; persoas que buscan outra forma de traballar; alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais. Persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa. (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20)

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
  • Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Módulos formativo:

1. Presentación
1.1 Coñece ás cooperativas:
1.2 Coñece a Economía Social
1.3 O Emprendemento
2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.
2.1 Que é unha cooperativa
2.2 Diferencias das cooperativas con outros modelos empresariais
3. Organización cooperativa
3.1 Organigrama Cooperativo
3.2 Asembleas e reunións
3.3 Organización Societaria e do traballo
3.4 Documentación social e contable
4. Experiencia cooperativa.
4.1 Pasos constitución
4.2 Recursos financeiros
4.3 Experiencias motivadoras cooperativas. Diálogo con cooperativistas.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / patane@espazo.coop / 881 887 456

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Martes, 20 April, 2021 - 11:30 to Mércores, 19 Maio, 2021 - 11:30

Compartir