Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social | Edición III

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos a terceira edición do curso ‘Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social’.
Esta actividade ten unha duración de 40 horas e deberase completar entre o 1 e o 15 de decembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.
O obxectivo desta formación é ofrecer ao alumnado de forma sinxela e simple información sobre as principais ferramentas para facilitar a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.
Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas desempregadas, persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia e público en xeral.
O programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:
MÓDULO 1. Ferramentas transversais e de organización
- Ferramentas de optimización de arquivos
- Ferramentas de almacenamento na nube
- Ferramentas de xestores de contrasinais
- Ferramentas de automatización
- Ferramentas de xestión de tarefas e proxectos
MÓDULO 2. Ferramentas de comunicación
- Ferramentas para a xestión das redes sociais
- Ferramentas de aplicacións de programación e seguimento de redes sociais
- Ferramentas de envíos de newletters
- Ferramentas de comunicación interna dentro das entidades
- Ferramentas de videochamadas e reunións virtuais
MÓDULO 3. Ferramentas para a venda en liña
- Como crear unha tenda en liña na túa entidade de economía social
- Ferramentas de interese para a venda en liña da túa entidade
- Outra opción de venda en liña: O marketplace
MÓDULO 4. Ferramentas de deseño e outros recursos para o deseño dos elementos corporativos
- Ferramentas para xerar presentacións e infografias
- Outros recursos
MÓDULO 5. Ferramentas para xerar vídeos e gravar a pantalla do ordenador
As inscricións estarán abertas ata completar prazas e faranse seguindo estos pasos:
- Rexistrarse, se aínda non o fixeches, en Campus Eusumo (nova plataforma de teleformación da Rede Eusumo)
- Automatricularse no curso dentro da plataforma
Consulta o cartel da formación.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal