Iniciativa solidaria CORENTENA ACTIVA

A Unidade de Memoria Lémbrate é unha cooperativa de traballo asociado que se dedica ao servizo sociosanitario especializado na prevención de enfermidades neurodexenerativas, a través de terapias de rehabilitación e estimulación cognitiva para persoas maiores con perdas de memoria, deterioración cognitiva ou con demencias tales como alzhéimer, corpos de lewy, párkinson, huntington etc.
Lémbrate leva anos traballando coa poboación maior, para promover o seu envellecemento activo e previr a dependencia. Con esta iniciativa solidaria <CORENTENA ACTIVA> queren animar os nosos maiores a non relaxar o seu ritmo de traballo durante o confinamento e facer un esforzo para manter unha rutina saudable desde as súas casas.
O obxectivo é chegar ao maior número de persoas posible, facendo fincapé nas que se encontren soas durante a corentena. Para iso, proporcionan unha serie de consellos básicos sobre saúde integral, de fácil aplicación e sen necesidade de material adicional.
As claves son as seguintes:
- Rutina
- Estimulación cognitiva
- Nutrición
- Exercicio físico
- Saúde e soño
Neste documento podes ver consellos básicos sobre como realizar unha estimulación cognitiva na casa, que medidas de hixiene e alimentación saudable seguir, e que exercicios de mantemento facer.
Para máis información: info@unidadelembrate.es e 981 922 322