Iniciación á cooperativa de traballo

O Concello de Narón organiza o curso "Iniciación á cooperativa de traballo" no marco da Rede Eusumo.

Levarase a cabo en modalidade en liña mediante a plataforma Formación en rede do 13 de febreiro ao 10 de marzo de 2023.

Trátase dunha formación gratuíta de 60 horas lectivas que se destribuirán en 4 semanas (20 días lectivos), establecendo un calendario de titorías semanais de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Todas as persoas interesadas no sistema do cooperativismo poderán acceder a esta formación, coa que terán a oportunidade de coñecer da man de profesionais como se constitúen as cooperativas e o seu funcionamento. 

A inscrición está aberta á cidadanía en xeral, aínda que se priorizarán os seguintes colectivos: mulleres, persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social, persoas vencelladas coa economía social e desempregadas.

Anótate a través deste formulario.

Podes consultar o cartel do curso premendo aquí.

 

Luns, 13 February, 2023 - 10:00 to Venres, 10 March, 2023 - 13:00

Compartir