Informe de actividade Rede Eusumo 2021

Neste informe, recóllese a seguinte información global do ano 2021:

  • A Rede Eusumo conta con 86 entidades asociadas, que firmaron novamente o convenio adaptado á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
  • A través da Rede Eusumo obtiveron titorización e asesoramento personalizado en materia de cooperativismo e economía social 180 proxectos, o que supón un total de 287 persoas titorizadas durante a anualidade 2021.
  • Na Rede Eusumo organizáronse 80 cursos formativos cunha asistencia de 1 055 alumnos/as.
  • A Rede celebrou un total de 74 actividades de divulgación e sensibilización para o fomento cooperativo e da economía social en 2021, cunha asistencia de 1 372 persoas.
  • Actualmente, a Rede Eusumo conta con máis de 14 629 seguidores nas redes sociais e está presente nas principais plataformas.

Preme aquí para coñecer ó informe de actividades da Rede Eusumo.

 

Luns, 6 June, 2022 - 14:30

Compartir