Informe de actividade Rede Eusumo 2020
Neste informe, recóllese a seguinte información global do ano 2020:
- A Rede Eusumo conta xa con 233 entidades asociadas, trece de elas asociadas na anualidade 2020.
- No marco da Rede Eusumo constituíronse 27 entidades de economía social en 2020.
- A través da Rede Eusumo obtiveron titorización e asesoramento personalizado en materia de cooperativismo e economía social 217 proxectos, o que supón un total de máis de 379 persoas titorizadas durante a anualidade 2020.
- A Rede celebrou un total de 99 actividades de divulgación e sensibilización para o fomento cooperativo e da economía social en 2020, cunha asistencia de 2006 persoas.
- Actualmente, a Rede Eusumo conta con máis de 13 995 seguidores nas redes sociais e está presente nas principais plataformas.
Preme aquí para coñecer ó informe de actividades da Rede Eusumo.
Mércores, 17 March, 2021 - 17:00