III edición Premios Cegasal de xornalismo en economía social

III PREMIO CEGASAL DE XORNALISMO EN ECONOMÍA SOCIAL E EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
 

O próximo día 4 de xullo, ás 19:00 horas, no Pazo de Adrán de Teo, a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, convoca o acto de entrega do terceiro premio CEGASAL de xornalismo, cun triple obxectivo: dar visibilidade ás persoas con discapacidade, mostrar as dificultades que encontran para optar ao mercado laboral e dar a coñecer o traballo que realizan neste terreo os centros especiais de emprego que conforman Cegasal.

Rógase confirmación de asistencia.

Para máis información: 981 574 698info@cegasal.com 

 

Xoves, 4 July, 2019 - 19:00

Compartir