II Feira de emprego ERLAC
O Departamento de Orientación e o Área de Emprendemento da Fundación E.U. de Relacións Laborais da Coruña organiza a II Feira de emprego "Apostando pola economía social".
Esta 2ª edición terá lugar de forma presencial o mércores 15 de xuño de 10:00 a 15:00 horas.
De 10:00 a 14:00 horas habilitaranse espazos para que as empresas poidan colocar os suas casetas nas instalacións da feira.
Algunhas das empresas convidadas son: Vegalsa, Calvo, EOS, Zemsania Global Group, Aje Coruña, Acción contra el hambre, Cogami, Adecco, MedAtlantia Consultoría Europea, Fundación Ronsel, Norvento enerxía, Losán, Bico de xeado, Iman, Tomé Martínez Abogados, Malasa Grupo, Grupo clave, entre otros.
Haberá talleres e mesas redondas orientadas a estudantes universitarios, recen titulados e de ciclos de grado superior.
Os obradoiros terán as seguintes temáticas:
- Revisando o meu currículo - de 10:30 a 14:00 h
- Prepara o teu elevator pitch - de 11:00 a 12:00 h
As mesas redondas estarán orientadas a:
- A xestión das persoas na Economía Social - de 11:00 a 11:50 h
- Proxectos emprendedores. Experiencias inspiradoras - de 12:00 a 12:50 h
Podes consultar o programa completo, premendo aquí.
Se estás interesado en asistir, podes inscribirte neste enlace.
Para máis información: http://www.erlac.es/empleo-y-emprendimiento/feria-de-empleo/