Identifiquemos novas oportunidades na comarca de Verín
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín organiza a actividade ‘Identifiquemos novas oportunidades na Comarca de Verín’ no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo en modalidade presencial na sede de AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín) e serán de carácter gratuíto. Realizaranse dous encontros nos que se analizarán dúas das transformacións recentes:
- Clientes alén da fronteira - 9 de outubro de 20:00 h a 21:30 h
- A chegada do AVE - 10 de outubro de 20:00 h a 21:30 h
Estes encontros están abertos a calquera persoa que queira achegar as súas ideas e opinións. Poden ser de especial interese para aquelas persoas que xa teñan un negocio en marcha, que estean pensando en montar algún a través de fórmulas de economía social ou que busquen emprego. Tamén poden ser de utilidade para os técnicos de entidades que traballen a prol desenvolvemento económico e social do territorio.
O programa dos encontros será o seguinte:
1. - Inicio da sesión e presentación de asistentes
2. - Dinámica participativa realizada por dous expertos
3. - Clausura do encontro
Se estás interesad@, inscríbete a través desta ligazón.