Ideas cooperativas en acción en Sada
IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
Datas: 18, 20, 25 e 27 de marzo
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Lugar: IES Isaac Díaz Pardo, rúa Lagoa, 19, Sada, A Coruña
Duración: 20 horas (4 sesións)
Destinatarios: persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socios/as e persoal de cooperativas, ademáis de axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.
Obxectivos:
- Mostrar desde un punto de vista práctico as condicións e pasos que hai que dar para emprender como empresas cooperativas
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións...
Programa formativo:
- Identifica o teu proxecto cooperativo
- Analiza as áreas comercial e de mercado
- Estuda a viabilidade económica e financeira
- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución
Inscricións:
- gratuíta
- A través do seguinte formulario ou no aedl@concellodesada.com / 881 929 057
Podes acceder ao cartel premendo aquí.