Ideas cooperativas en acción

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril de 2022
Horario: de 09:00 a 14:00 horas
Modalidade: presencial
Lugar: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Pontevedra
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo; persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.
Obxectivos:
- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
Programa formativo:
Tema 1 - Identifica o teu proxecto cooperativo (CANVAS)
Tema 2 - Analiza as áreas comercial e de mercado.
Tema 3 - Estudia a viabilidade económica e financeira
Tema 4 - Planifica a área organizativa e os trámites de constitución (CONSOLIDA_ES)
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456