IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa para o mes de setembro:

IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
 

Datas: do 16 de setembro ao 4 de outubro

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop
Habendo dúas sesións virtuais de aprendizaxe: os días 17 de setembro (sesión inicial) e 2 de outubro (sesión intermedia) en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas e público xeral.

Obxectivos:

- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións...

Programa formativo:

  • Identifica o teu proxecto cooperativo
  • Analiza as áreas comercial e de mercado
  • Estuda a viabilidade económica e financeira
  • Planifica a área organizativa e os trámites de constitución

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Máis información no patane@espazo.coop / 881 887 456

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Mércores, 16 September, 2020 - 11:00 to Domingo, 4 October, 2020 - 12:30

Compartir