Gracias ao programa de formación dual en CEE dez novos conseguen traballo na tenda Juan María by Lolola
Grazas á subvención do programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual en centros especiais de emprego (CEE) da Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo, dez novos con discapacidade intelectual gozan en Juan María by Lolola do seu primeiro traballo cun contrato de formación e aprendizaxe durante tres anos.
O centro de educación especial Juan María de Nigrán é o que impulsou a iniciativa. A tenda Juan María by Lolola vende roupa deseñada pola viguesa Lola Rolda; o patronaje e o corte faise en Vigo e a fabricación en Salvaterra, e é a máis comprometida e diversa do centro comercial Vialia de Vigo.
Para algúns destes mozos trátase do seu primeiro Emprego e é fundamental que non sexa o último. Por este motivo faise un chamamento ao tecido empresarial e comercial de Vigo e a súa área metropolitana para que unha vez que acaben as súas tarefa en Juan María by Lolola, non queden de brazos cruzados. É importante o apoio e as oportunidades que se lles poden brindar desde a sociedade e as empresas, tendo detrás o soporte do programa de formación dual que lles deu visibilidade e ferramentas.
Para ver a noticia completa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2022/03/17/tienda-moda-diferente-personas-increibles-vialia-vigo/00031647521389246307610.htm