Foroesgal! Oportunidades sectoriais para entidades de economía social

O Foro pola Economía Social Galega (FOROESGAL) en colaboración coa Rede Eusumo da Consellería de Emprego e Igualdade elaborou o informe "Oportunidades Sectoriais para entidades de Economía social"  mediante o cal, búscase xerar condicións para o desenvolvemento das entidades de economía social galega. Con este reto, expóñense catro oportunidades sectoriais, de xeito que poidan orientar algunha das políticas públicas ou dos dispositivos de apoio ao emprendemento.

A primeira oportunidade conflúe no ámbito do rural galego, cunha reflexión sobre o monte, especialmente o monte veciñal en man común, incorporando unha análise xurídica da relación que se establece coa economía social. De seguido, avalíanse as posibilidades de impulso dos centros especiais de emprego mediante a análise das licitacións públicas reservadas -actuais e potenciais-, co obxectivo de manter o emprego e a actividade empresarial. O terceiro punto abarca as posibilidades de novas entidades de economía social no sector do ensino infantil, igual que existen xa modelos cooperativos de éxito no ensino regrado obrigatorio, tanto mediante concertos educativos - principalmente- como con carácter privado non concertado. Finalmente, estúdase o impulso e creación de novas entidades derivadas da transformación de sociedades mercantís en crise, por xubilación ou cese da actividade, noutras de economía social, especialmente cooperativas e sociedades laborais.

 

Martes, 22 December, 2020 - 18:30

Compartir