FORMACIÓN TRANSVERSAL EN LIÑA EN ECONOMÍA SOCIAL

Dentro do programa de formación e asesoramento da USC "SÚMATE Á CULTURA EMPRENDEDORA EN ECONOMÍA SOCIAL!" se encadra a a seguinte actividade:

FORMACIÓN TRANSVERSAL EN LIÑA EN ECONOMÍA SOCIAL
 

Datas: do  21 de setembro ao 14 de outubro

Duración: 15 horas

Modalidade: formación en liña a través da plataforma de teleformación

Destinatarios: alumnos/as da USC, emprendedores/as en proxectos de economía social, empresas de economía social en fase de transformación, lanzamento e expansión do seu negocio e empresas baixo outras fórmulas empresariais que queiran transformarse en empresas de economía social. Darase prioridade a proxectos de economía social promovidos polo alumnado universitario, por mulleres e por colectivos desfavorecidos.

Obxectivo: dar acceso ás persoas interesadas a contidos de diversa índole relacionados coa economía social e nela integrar recursos de utilidade para as persoas emprendedoras en economía social.  

Programa formativo:

  • Que é a economía social e cales son os tipos de entidades nas que se divide.
  • Pasos para constituír empresas de economía social, elaboración de estatutos, procedementos administrativos, etc.
  • Axudas para impulsar proxectos de economía social e para mellorar a competitividade.
  • Boas practicas en materia de economía social e artigos de interese

Inscrición:

- A través do seguinte formulario ou no correo proxectoeusumo.usc@gmail.com

 

Martes, 21 September, 2021 - 09:00 to Xoves, 14 October, 2021 - 09:00

Compartir