Formación para cadros directivos de cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Formación para cadros directivos de cooperativas" no marco da Rede Eusumo.

Data: do 10 ao 26 de xuño

Horas: 25

Modalidade: en liña

Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop

Obxectivos: 

  • Identificar os requisitos e as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo.
  • Contribuír a poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas.
  • Dar a coñecer recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos técnicos das cooperativas.
  • Potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades xerenciais das cooperativas participantes.

Persoas destinatarias:

Persoas socias e asalariadas das cooperativas que teñan funcións e/ou responsabilidades de dirección ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para asumilas.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop

 

Descarga o programa

 

Luns, 10 June, 2024 - 00:00 to Mércores, 26 June, 2024 - 23:45

Compartir