Formación: Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa do programa "A solución é a cooperativa":
HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O TRABALLO EN EQUIPO NAS COOPERATIVAS
Datas: do 21 ao 24 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: no viveiro de empresas, Noal, 26, Porto do Son
Horario: de 9:30 a14:30 horas
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo ás mulleres, e en especial ás mulleres desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das mulleres participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Achegar ás participantes os recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento feminino.
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo
Programa formativo:
- Módulo 1 - A comunicación
- Módulo 2 - O traballo en equipo
- Módulo 3 - A toma de decisións
- Módulo 4 - O liderado nas cooperativas.
Inscricións:
- Gratuíta
- Inscricións: a través de jose.pazo@portodoson.gal ou no 981 86 74 12 (Ext: 1302)
Podes acceder ao cartel premendo aquí.