Axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego - PECHADO O PRAZO

Xa están publicadas no DOG as axudas do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego convocadas para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.
Obxecto: Subvencionar a centros especiais de emprego sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de proxectos de formación dual baseados nun réxime de alternancia entre o emprego e a formación recibida no marco do Sistema de formación profesional para o emprego.
Finalidade: capacitar persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa inserción profesional, a través de proxectos de formación adaptados, que alternen entre o emprego e a formación e que habiliten a obtención de certificados de profesionalidade.
Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas que na data de presentación da solicitude figuren inscritas como centros especiais de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e que cumpran as seguintes condicións:
- Estar cualificados sen ánimo de lucro
- Contar cun mínimo de dez traballadores, dos cales como mínimo un 30% deben ter discapacidade intelectual.
- Ter solicitado ante a xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación e a aprendizaxe.
Custos subvencionables:
O importe da subvención financiará os seguintes conceptos:
- Axuda ao custo salarial das persoas alumnas-traballadoras: consiste no financiamento parcial do custo salarial das persoas alumnas-traballadoras con dicapacidade intelectual que estean de alta na Seguridade Social mediante un contrato para a formación e o aprendizaxe.
- Axuda para o persoal de apoio e acompañamento ás persoas con discapacidade: consiste no financiamento dos custos salariais das persoas contratadas para o apoio e o acompañamento das persoas con discapacidade no seu posto de traballo.
- Axuda para a actividade formativa: financiarase a actividade formativa a o máximo do 50% da xornada laboral estipulada por convenio colectivo.
Solicitudes: presentarase unha solicitude por cada proxecto de formación dual. Cada centro especial de emprego poderá presentar un máximo de dous proxectos, que deberán orientarse á obtención de difrentes certificados de profesionalidade.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das solicitudes das axudas será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Preme aquí para consultar a Orde.
Se estas interesado en presentar unha solicitude preme aquí.