Festival de Economía Circular

CEGASAL organiza o "Festival da Economía Circular" no marco da Rede Eusumo.

Levarase a cabo o vindeiro sábado 22 de abril de 2023, coincidindo co Día Internacional da Terra, en Bertamiráns - Ames de 16:00 h a 20:30 h.

O Pazo da Peregrina albergará actividades variadas e para todas as idades cun eixo vertebrador como é a economía circular.

A xornada será lúdica, educativa e concienciadora. Un espazo de encontro local cunha filosofía global: transitar de cara a un modelo de economía circular e poñendo en valor o papel dos axentes da economía social.

Enderezo completo: Pazo da Peregrina, Lugar Gasamans, 37, 15864, Bertamiráns - Ames (Galicia)

Consulta o cartel da actividade.

 

Sábado, 22 April, 2023 - 16:00 to 20:30

Compartir