Eu son economía social do mar
A Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) organiza a feira "Eu son economía social do mar" no marco da Rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo.
Data: 14 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: Vigo
Obxectivo:
A feira #ESDOMAR ten como finalidade dar visibilidade ao traballo desenvolvido polo grupo promotor e os colexios participantes no proxecto #EUSONECONOMÍASOCIALDOMAR, así como as entidades que integran a Rede Eusumo.
Tamén proporciona un espazo de encontro para facilitar as interaccións entre persoas para fomentar a colaboración e a xeración de redes de apoio. Supón ademais un escaparate para a promoción dos principios e valores da economía social entre a cidadanía ao concienciar da importancia de apoiar os produtos e negocios locais como xeito de fortalecer as comunidades e contribuír a un mundo máis xusto e sostible.
Para facer isto posible a feira contará con tres espazos diferenciados onde participar de diferentes xeitos:
- Zona de expositores: contará con postos onde as entidades participantes poderedes vender os vosos produtos e servizos ou promover as vosas entidades.
- Zona de presentacións: está pensada para que as entidades interesadas poidan expoñer o seu proxecto/iniciativa e darse a coñecer. Haberá una pantalla para poder usar material audiovisual de apoio.
- Zona de ocio: onde atoparemos oferta gastronómica, actuación musicais e obradoiros para o público xeral.
- Visitas formativas á contorna pesqueira de Vigo
- Coñece a economía social do sector pesqueiro
- Descubre cales son os retos da pesca artesanal
- Forma parte do grupo promotor
Persoas destinatarias:
- Alumnado e profesorado de centros de Formación Profesional
- Responsables de emprego e inclusión de colectivos en risco de exclusión
- Profesionais de servizos de ocio, turismo e restauración
- Comunidade científica
Gustaríache dar a coñecer o teu traballo e coñecer a outras iniciativas afíns coas que colaborar e xerar rede?
Non deixes pasar esta oportunidade! Pincha neste enlace e cóntanos todo sobre a túa entidade e como che gustaría participar en #ESDOMAR, tes de prazo ata o 15 de xullo para inscribirte.
Máis información: visita a web www.fundamar.org
Descarga o folleto