Escola das Economías Transformadoras
O 1, 2 e 3 de outubro celebrarase a Escola das Economías Transformadoras para reflexionar sobre a necesidade de camiñar cara a un novo modelo económico máis social, colaborativo e sustentable. Cada día participará unha ponente cun perfil académico e varias entidades que aportarán a súa experiencia práctica dende as economías transformadoras.
A participación é totalmente GRATUÍTA, mais limitada ao aforo máximo (25 persoas) en cumprimento do protocolo COVID.
Inscríbete cubrindo o seguinte formulario antes do martes día 29 de outubro. Terán prioridade aquelas persoas que poidan asistir ás tres xornadas nos horarios establecidos.
A Escola das Economías Transformadoras realizarase no Salón de Plenos (1º andar) do Concello de Cangas do Morrazo coa seguinte programación:
- XOVES 01/10/20 de 16:00 - 21:00 horas - PENSAMENTO E ACCIÓN
Pensamiento crítico situado para o cambio civilizatorio.
Isabel Rauber. Doutora en Filosofía, investigadora e experta en movementos sociais latinoamericanos.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Finanzas éticas.
- Fiare Banca Ética.
- AIS O Peto.
- Coop 57
- VENRES 02/10/20 de 16:00 - 21:00 horas - XUSTIZA E SOBERANÍA ALIMENTARIA
Pensa global, come local: propostas ante un sistema alimentario en crise.
Marta Ribó. Doutora en Farmacia e coordinadora de “Justicia Alimentaria” no País Valenciá.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Soberanía Alimentaria
- Árbore cooperativa
- Sistema Participativo de Garantía A Gavela
- Asociación O Toxo
- Pouso da Serra cooperativa
- SÁBADO 03/10/20 de 09:00 - 14:00 horas - CRISE DE MODELO E RESILIENCIA
A inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático.
Antón Lois. Técnico Medioambientalista e activista de “Amigos da Terra”.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Economía Solidaria.
- REAS
- Nosa Enerxía
- Artigo 14