ES POP UP Santiago de Compostela

Desde este xoves 17 ata o sábado 19 de outubro celebrarase o evento ES POPUP en Santiago de Compostela.
As actividades desenvolveranse na Praza Roxa.
Estes son os 9 proxectos seleccionados para participar no espazo comercial ES POPUP:
- Milkabra: dedicada á elaboración e venda de queixos de cabra.
- Aida Alonso: realiza ilustracións personalizadas.
- Paporroibo Tés e Infusiones: venda de tés e infusións ecolóxicas de alta calidade.
- EnRuedas: turismo accesible. Ofrece viaxes a medida e asistencia en viaxes a persoas de mobilidade reducida.
- Amarelas: turismo creativo y sostible. Desenvolve actividades e experiencias no rural galego.
- Nela Biosense: ofrece unha ampla gama de produtos de cosmética natural e alimentación 100% natural, de fabricación propia e con ingredientes naturais.
- Muchachicha: elabora roupa interior feita a man con conciencia ecofeminista.
- Txoko Surf Wear: creadora da exclusiva suadoiro Camaleón ®, a única prenda para a que tes 3 opcións de pescozo.
- Bilurico ready to drink tea: venda de tés e infusións naturais e ecolóxicas.
Se queres coñecer en profundidade os diferentes proxectos preme aquí.
Ademais, haberá talleres gratuítos para toda a familia, contacontos e música en directo.
Xoves, 17 October, 2019 - 09:00 to Sábado, 19 October, 2019 - 09:00