ES POP UP Lugo

Desde este xoves 24 ata o sábado 26 de outubro celebrarase o evento ES POPUP en Lugo. As actividades desenvolveranse na praza da Soidade.
Estes son os 8 proxectos seleccionados para participar no espazo comercial ES POPUP:
- A3 Proyectos: representación de proxectos de enxeñería e arquitectura mediante o uso da realidade virtual e a realidade aumentada.
- Inside Out English Centre: academia de inglés para nenos e adultos que traballa cunha metodoloxía innovadora.
- Mujeres Ensambladas: proxecto baseado na economía circular que pretende desenvolver dúas liñas de produtos orgánicos:
– Fertilizante agrícola elaborado baixo a técnica da lombricultura que terá como materia prima os residuos orgánicos dos restaurantes de Lugo.
– Produción e venda de especies para a elaboración de comidas. - Pleno Rendimiento: servizo destinado a mellorar a calidade de vida dos traballadores a través dun programa de actividade física, acompañado dun asesoramento nutricional e emocional.
- MycoGalicia Plantae: servizos de asesoramento dirixidos ao aproveitamento das setas nos montes galegos, ou ben, a súa produción industrializada. Outra das liñas de negocio é material divulgativo infantil sobre setas.
- D-RAÍZ: deseño de roupa e complementos de moda sostible.
- Amodiño: centro especializado en rehabilitación veterinaria. Fisioterapia, hidroterapia, acupuntura e venda de produtos especializados.
- SmartWood: ferramenta dixital para unha mellor xestión das parcelas agrícolas e forestais.
Se queres coñecer en profundidade os diferentes proxectos preme aquí.
Coñece tamén o programa de actividades.
Xoves, 24 October, 2019 - 09:00 to Sábado, 26 October, 2019 - 09:00