ES POP UP: Espazos efímeros de emprendemento de economía social en Santiago de Compostela e Lugo

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES POPUP de Santiago de Compostela e Lugo, un conxunto de actividades que lles permitirá ás empresas que se encontran en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda e lograr unha importante aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A través do ES POPUP as persoas emprendedoras poderán expoñer os seus proxectos durante un tempo limitado e acceder a unha valiosa retroalimentación do potencial cliente antes de lanzarse definitivamente ao mercado. Os diferentes proxectos poderán acceder a unha experiencia real de venda de produtos ou servizos que queiran testar que lles permitirá avaliar o grao de satisfacción do público e adoptar as melloras necesarias.
Cales son os obxectivos do programa?
- Introducir e dar a coñecer novos produtos e servizos
- Testar unha idea de negocio
- Estender a marca
- Identificar factores que poden limitar o éxito do proxecto ou produto
- Determinar necesidades do proxecto
- Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras
- Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking
- Fomentar o ecosistema emprendedor
Ademais, a través de varios talleres formativos e sesións de tutorización individual, os participantes poderán afondar sobre contidos que complementen a súa formación comercial e enriquezan os seus proxectos empresariais, mediante escaparatismo, marketing dixital e outras t
A quen vai dirixido?
A persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social mediante a proba do seu produto ou servizo. Esta convocatoria está dirixida tanto a empresas de economía social en fase de consolidación como a novos emprendedores interesados en impulsar proxectos empresariais de economía social.
Datas
- Santiago de Compostela - 17, 18 e 19 de outubro
- Lugo - 24, 25 e 26 de outubro
Bases e convocatoria
Podes descargar as bases e a convocatoria premendo aquí.
Inscrición no programa
Para formular a túa candidatura deberás cubrir este formulario.
Para máis información: http://espopup.com/