A equidade como proposta de valor das entidades de ESS

Reas Galicia, en colaboración coa Asociación Veciñal de Salcedo e o Concello da Pobra de Brollón, organizan a actividade 'A equidade como proposta de valor das entidades ESS' no marco da Rede Eusumo.
Trátase dunha xornada de aprendizaxe colectiva para reflexionar sobre a equidade como proposta de valor das entidades de economía social e solidaria.
Levarase a cabo en modalidade presencial o 27 de outubro de 2023 na Nave Multiusos de Salcedo (Lugo), en horario de 11:00 h a 17:30 h.
Esta xornada vai destinada a:
- Persoas e entidades de ESS afíns ao ámbito do traballo en igualdade, servizos sociais, economia dos coidados ou lideradas por mulleres
- Socias de REAS Galicia
- Persoas ou entidades vinculadas aos sectores produtivos locais e ecolóxicos
O programa que se deselvolverá será o seguinte:
11:00 - 13:30
- Que é REAS Galicia?
- A equidade, que significa?
- Diagnóstico participativo
15:00 - 17:30
- Coñecemos a experiencia da Asociación Veciñal de Salcedo
- Co-creación dun Recetario de ValorESS
Se queres inscribirte na xornada ou solicitar máis información, contacta a través de reasgalicia@reasnet.com
Descarga o cartel