Entrada en vigor da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

O 1 de xaneiro do 2020, entrou en vigor a Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, na que se recollen diversas modificacións lexislativas que afectan ao réxime das cooperativas e as empresas de inserción.

Para facilitar o acceso e comprensión destas modificacións, poñemos á súa disposición unha serie de materiais divulgativos nos que se recolle a información de especial interese. Se desexa acceder a estes materiais, poderao facer a través das seguintes ligazóns:

  1. Modificacións dos artigos 34 e 110 da Lei de Cooperativas de Galicia
  2. Modificación do artigo 66 da Lei de inclusión social de Galicia.

Así mesmo, modificouse o réxime de deducións no tramo autonómico do IRPF por achegas a cooperativas e sociedades laborais, entre outras. Se o desexa pode consultar o material divulgativo aquí.

Dispón desta información en detalle no DOG publicado o 27 de decembro de 2019.

 

Mércores, 1 January, 2020 - 09:00

Compartir