ENCONTROS SECTORIAIS OU TEMÁTICOS - PROGRAMA #Saímoscooperando 2021

Espazocoop a través da Rede Eusumo e en colaboración co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES, organiza a seguinte actividade formativa:
ENCONTROS SECTORIAIS OU TEMÁTICOS - PROGRAMA #Saímoscooperando 2021
Datas: de abril a setembro de 2021
Horario e modalidade: de 09:30 a 11:30 horas a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop
Duración: 2 horas
Destinatarios: Cooperativas interesadas, con preferencia para cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Obxecto: Selección de 15 cooperativas. O programa Saímos Cooperando prestará un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria.
Programa da acción:
09.30 h Benvida a persoas e cooperativas participantes.
09.45 h Presentación da Unión de Cooperativas Espazocoop e dos contidos do programa #Saímoscooperando.
10.00h Difusión de boas prácticas, recursos e liñas de cooperación vinculadas á temática do Encontro.
11.00 h Recollida de propostas.
11.30 h Peche da sesión.
Planificación temporal dos encontros:
- Presentación da Unión de Cooperativas Espazocoop e do programa #Saímoscooperando (14-04-21)
- Plan estratéxico e Avaliación. Caso práctico de planteamento estratéxico (14-05-21)
- Comercialización. Caso práctico e Pitch Elevator (10-06-21)
- Asembleas e Regulamento Réxime Interno. Caso práctico sobre toma de decisións (08-07-21)
- Avaliación do programa #Saímoscooperando (16-09-21)
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / roberto@espazo.coop / 881 887 456
Se queres visualizar o programa completo preme aquí.