Encontros empresariais

Aeiga a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

ENCONTROS EMPRESARIAIS
 

Data: 20 de abril de 2021

Horario: 10:00 a 12:00 horas

Modalidade: en liña 

Duración: 2 horas

Destinatarios: Dirixido principalmente as persoas representantes do tecido empresarial galego, cámaras de comercio, confederación de empresarios, clusters, etc. 

Obxecto: 

  • Promocionar e difundir a figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
  • Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas Empresas de Inserción Laboral.
  • Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as Empresas de Inserción Laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
  • Pór en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.

Contido: 

  • Principios e valores da economía social na actualidade .
  • Concepto de empresa de inserción e das entidades promotoras.
  • Creación de novas EIL: elaboración do proxecto para a creación dunha empresa de inserción.
  • Xestión de alianzas para o desenvolvemento do traballo nas EIL.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / aeigagalicia@aeiga.org / 881 957542

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Martes, 20 April, 2021 - 10:00 to 12:00

Compartir