Encontro Netwoking: Implantación do Compliance Penal en Entidades de Economía Social
Cegasal e Aeiga organizan o encontro networking "Implantación do Compliance Penal en Entidades de Economía Social" no marco da Rede Eusumo.
Data: 27 de setembro
Horario: de 10:00 h a 12:30 h
Modalidade: en liña
Obxectivos:
- Proporcionar ferramentas e recursos prácticos para a elaboración e seguimento de programas de compliance penal adaptados á realidade das empresas de economía social
- Comprender a lexislación sobre responsabilidade penal das persoas xurídicas en España e entender como pode afectar á súa empresa
- Entender os documentos e procesos crave dun programa de cumprimento
- Identificar os principais desafíos e oportunidades na implementación de medidas de compliance penal en empresas de economía social
- Facilitar o networking, a colaboración e as sinerxias empresariais: Xerar interaccións, conexións e posibles alianzas estratéxicas entre as persoas asistentes con intereses afíns
Persoas destinatarias:
- Persoal de dirección de Empresas e entidades da Economía Social
- Profesionais do ámbito legal e compliance vinculadas an entidades socias de AEIGA e CEGASAL
- Consultores especializados en ética empresarial en entidades de economía social
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web cegasal.com ou aeiga.org
Para calquera dúbida, podes contactar a través de info@aeiga.org ou info@cegasal.com
Descarga o programa
Venres, 27 September, 2024 - 10:00 to 12:30