Encontro Intercooperación de Cooperativas | Sectores: Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente

No marco da Rede Eusumo, EspazoCoop organiza o Encontro Intercooperación de Cooperativas para os sectores de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente.
Esta actividade levarase a cabo de forma presencial no Café Uf (Vigo) o vindeiro xoves 14 de setembro de 2023 en horario de 10:00 h a 13:00 h.
Poderán particiapar neste evento as cooperativas da sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambinte de EspazoCoop, así como outras cooperativas e entidades de economía social galegas dos mesmos sectores que non sexan socias.
A finalidade e os obxectivos desta actividade son os seguintes:
- Dar a coñecer que é o programa Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop 2023, e a Sectorial de Cooperativas de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente de EspazoCoop.
- Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación para 2023 entre as cooperativas e persoas participantes:
- Marca e Logo identifcativo para a Sectorial. Pros e contras. Experiencias de intercooperación neste campo. Suxestións de actuación para a Unión.
- EspazoCoop como interlocutora da Sectorial ante as distintas Administracións con competencias en materia de cultura, turismo, ocio, patrimonio e medio ambiente. Suxestións de actuación para a Unión.
- Interlocución coa Administración local en Vigo. Referencias e liñas de actuación.
- Actualizar información de interese: convocatoria de actividades, novidades normativas e liñas de financiamento de interese.
O programa será o seguinte:
10:00 h. - Benvida e presentación das persoas e cooperativas participantes
10:15 h. - Presentación do programa Itinerario de Intercooperación 2023, e doutros programas, actividades e convocatorias públicas de interese potencial para as cooperativas participantes
10:30 h. - Dinámica de traballo para concretar e dar contido a posíbeis actividades e proxectos de intercooperación
11:30 h. - Dinámica de traballo para concretar o papel da sectorial nos procesos de interlocución ante a Administración
12:30 h. - Recollida de conclusións
13:00 h. - Peche do Encontro
Inscríbirte a tavés deste formulario.
Atoparás máis información en espazo.coop