Encontro Cegasal: Seguridade laboral e saúde nos CEEIS
Cegasal, a través da Rede Eusumo e dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", organiza este encontro:
SEGURIDADE ESAÚDE POSITIVA. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Data: 29 de abril
Horario: de 09:30 a 11:00 horas
Modalidade: en liña a través de Teams
Destinatarios: Axentes da Economía social
Contido:
1. Claves para aplicar a prevención de riscos en centros especiais de emprego de iniciativa social.
2. Normativa, contexto e actualización.
3. Diálogo social na prevención de riscos.
Programa:
Este encontro está enfocado desde unha perspectiva práctica, xa que a sesión intercalará a teoría coa participación das persoas asistentes.
Farase un repaso da normativa de aplicación e farase alusión á conmemoración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2022: contar cun sistema de seguridade e saúde no traballo (SST) sólido, que inclúa unha participación efectiva dos empregadores e os traballadores.
Relatores: persoal técnico de Cegasal.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través desta ligazón.
Para máis información: info@cegasal.com
Preme aquí para visualizar o programa completo.