ENCONTRO CEGASAL: MINDFULNESS, APRENDER A PARAR. COMO MECANISMO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ASOCIADOS AO ESTRÉS

Cegasal, a través da Rede Eusumo e dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", organiza este encontro:

MINDFULNESS, APRENDER A PARAR. COMO MECANISMO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ASOCIADOS AO ESTRÉS
 

Data: 21 de decembro

Horario: de 10:00 a 11:30 horas

Modalidade: en liña

Destinatarios: Axentes da Economía social

Programa formativo: 

1.  Breve práctica para contactar coa intención.
2. Natureza e funcionamento da mente.
3. Que é e que non é o mindfulness.
4. Como practicar mindfulness.
5. Práctica de atención á respiración.

Relatora:

- Ana Isabel Martínez Arranz: Psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias (colexiada G-2573), exerce na práctica privada no Gabinete de Psicoloxía Claves, en Vilagarcía de Arousa. Psicóloga dos Servizos Sociais de Camariñas entre xaneiro de 2002 e setembro de 2021. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Castástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG desde 2004, do que foi coordinadora (2006-2019); acreditada como experta neste ámbito polo Consejo General de la Psicología. Máster de Mindfulness na Universidad de Zaragoza, conta con formación en terapia centrada na compaixón, é instrutora do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón organizado por Nirakara e o Compassion Institute, e en formación como instrutora do programa psicoeducativo MSC (Mindfulness & SelfCompassion) do Center for Mindful Self-Compassion.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través desta ligazón.

Para máis información: info@cegasal.com

Preme aquí para visualizar o programa completo.

 

Martes, 21 December, 2021 - 10:00 to 11:30

Compartir