En Nadal, escolle economía social

As festas de Nadal achéganse e, con elas, unha etapa de importante consumo que nos debe facer reflexionar sobre a necesidade de apostar por unha economía máis social e centrada nas persoas. Por iso, desde a Rede Eusumo continuamos co noso compromiso de incentivar a elección de produtos e servizos procedentes de entidades de economía social, co obxectivo de beneficiar a emprendedores e marcas locais.

Consideramos que hai razóns de peso para apostar pola economía social non só en Nadal, senón durante todo o ano. Estas son algunhas das máis importantes:

  • Porque a economía social xera emprego e riqueza que queda en Galicia.

  • Porque sitúa máis mulleres en postos directivos, fomentando a igualdade.

  • Porque crea un emprego de maior calidade e menos temporalidade.

  • Porque contribúe a unha distribución da riqueza máis xusta.

  • Porque garante a inclusión laboral de persoas sen discriminación.

  • Porque aposta polo produto de calidade, local e máis sustentable.

Este Nadal, escolle economía social para respaldar unha economía con valores e que pensa nas persoas.

 

Martes, 17 December, 2019 - 09:30

Compartir